O alumnado de
infantil de cinco anos, para aprender as partes do corpo, e tamén os nomes das
froitas, partiron da lectura dun fermoso libro titulado: “A ARAÑA E MAIS EU”.
Logo de lelo a mestra con moito teatro, deulles
para facer moitas actividades, entre elas hoxe imos destacar dúas: un
obradoiro de plástica onde fixeron moitas arañas
empregando material reciclado como
oveiras e palliñas de zume; para facela
obra artística empregan témpera para pintar e alkil para pegar as patas; a
segunda actividade vai ser psicomotriz, arredor
das masaxes, onde nunha primeira sesión acompañados de música clásica relaxante
o alumnado posto por parellas, percorre
o corpo dos pés á cabeza do outro, como se fosen arañas, xa na segunda sesión
fan as masaxes propiamente ditas, tamén por parellas e empregando unha natiña,
aceite e con partes do corpo espidas …
No hay comentarios:
Publicar un comentario