O día 30 de outubro fixemos unha saída de traballo co alumnado de segundo e
terceiro ciclo para coñecer aspectos culturais do noso entorno máis próximo,
nesta ocasión a visitar a igrexa prerrománica de San Martiño de Mondoñedo, no
concello de Foz, e aproveitando que estes últimos anos estamos implicados nun
proxecto de traballo sobre a pintura e a escultura, quixemos coñecer a
exposición e o obradoiro de Caxigueiro un dos artistas máis coñecidos da nosa
comarca.
Como en tódalas excursións que facemos no centro, constan de tres fases:
preparación e busca de información previa no centro, actividades durante a
visita e finalmente posta en común das mesmas para aclarar as dúbidas.
Nesta ocasión antes da saída o profesorado propuxo que o alumnado visitara
as páxinas web do concello de Foz para atopar información da igrexa e o blog de
Caxigueiro para coñecer máis sobre o artista, tamén se lles facilitou uns
folletos con información da Basílica de San Martiño, da súa historia,
descrición da mesma, partes e planta; e o alumnado preparou unha enquisa con
preguntas tanto para o artista como para a guía da catedral.
No hay comentarios:
Publicar un comentario