O ACIVRO DE NADAL
Un traballo en equipo, feito polo alumnado axudado por toda a familia, con
material de todo tipo.
Todos os anos no colexio de Cervo
por esta época de Nadal, o alumnado nun traballo en equipo con toda a súa
familia, axúdanlle a nai, o pai, os irmáns,… nunha actividade colectiva de
plástica que a partires dun modelo en A3 que lle damos o profesorado, eles
empregando todo tipo de materiais, do máis variado posible, fan algo
relacionado con estas festas, un ano foi
unha árbore, outro un boneco de neve, outro unhas botas, e este ano é o do “acivro de nadal”.

No hay comentarios:
Publicar un comentario