A LIMPEZA DO
ENTORNO DO CENTRO
Estes primeiros días de colexio
estamos preparando o entorno do centro,
o xardín, o recuncho das
aromáticas, a charca, o invernadoiro, as plantas de interior … porque durante o
verán estivo todo moi abandonado, de xeito que estaba todo un pouco salvaxe,
con unha verdadeira necesidade de posta a punto, para que o centro volvera a
estar acolledor e atractivo. Para isto, en horario escolar, o alumnado de
quinto e sexto de primaria, dirixidos polas nosas mestras, puxémonos man a
obra, e despois de varias horas, quedou
tan fermoso como o deixaramos en xuño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario