FACENDO ANIMAIS DE FOLLAS DE OUTONO
O alumnado do CEIP de Cervo, tódolos anos fai saídas polo entorno no outono, porque lles da moitas posibilidades de facer actividades de tipo clasificación, coñecemento da natureza, da cor, das formas, dos xogos, polo tanto nestas saídas empezan por proporlles a alumnado que cousas poden atopar na saída, poñen logo distintos recipentes, cunha mostra do que van recoller, para que o alumnado poña alí as follas, as castañas, os cogumelos … en todo o proceso van a traballar a observación fixándose nas cores, nas árbores,… na volta ás clases clasifican todo o material, fálase do material recollido, fanse xogos do tipo paracaídas ou encestar castañas en distintos obxectos con buratos, e tamén intentan dende logo deducir de que árbore son cada tipo de follas… en con todo o material recollido farán logo unha exposición no centro para deleite de toda a comunidade educativa.
Nesta ocasión non tiveron que ir a un souto, nin desprazarse moito do centro, pois atoparon das árbores plantadas en anos anteriores no recinto escolar, as follas que necesitaban para facer unha actividade moi fermosa, seguindo os seguintes pasos:
- Recollida no entorno do centro de follas de diferentes árbores.
- Viron a través de informática e libros exemplos de traballos feitos por outro alumnado.
- Clasificáronas seguindo distintos criterios, cor, forma, tamaño,…
- Contaron de xeito verbal o que pretendían representar con material.
- Van recollendo as follas adecuadas para facer o animal que pretendían.
- E rematan facendo estes fermosos animais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario